CRPIH

16/10/2019

ORDE do 4 de xuño de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras que rexerán o concurso público de nove bolsas de formación en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e se procede á súa convocatoria (código de procedemento PL500D).

Convocatoria:

Diario Oficial de Galicia Nº114 do martes, 18 de xuño de 2019 (descargar pdf)

Máis información:

Os formularios desta solicitude estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia en https://sede.xunta.gal (código de procedemento PL500D)

Comisión de valoración:

Resolución pola que se nomean os vogais da comisión de valoración (descargar pdf)

Emenda de documentación:

2 de agosto de 2019: Requirimento de emenda de documentación (descargar pdf)

Proposta de resolución:

27 de agosto de 2019: Proposta de resolución provisional para a concesión de 9 bolsas de formación en proxectos de investigación do CRPIH (descargar pdf).

Nota:

13 de setembro de 2019: Nota informativa relativa á proposta de resolución provisional (descargar pdf).

Resolución de adxudicación:

Diario Oficial de Galicia Nº197 do mércores, 16 de outubro de 2019 (descargar pdf)

Resolución do 4 de outubro de 2019, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia a adxudicación de 9 bolsas de formación en proxectos de investigación no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.