CRPIH

19/07/2021
Logo Legados literarios

O proxecto Legados literarios está centrado na catalogación, indexación, estudo e exhumación dos legados literarios depositados no CRPIH; a saber: o Legado literario Aníbal Otero e o Legado literario Luísa Villalta.

O labor desenvolvido nestes proxectos fornece a publicación de dúas series:

  • Colección Luísa Villalta. Nesta colección publicouse, polo momento, o poemario As palabras ingrávidas (2021), un texto inédito de 2004 que se editou facsimilarmente a partir do manuscrito depositado no Legado Luísa Villalta.
  • Colección Aníbal Otero. Actualmente estase a preparar a primeira entrega desta colección, na que se recuperará o romanceiro que como colector do Centro de Estudios Históricos recompilara o filólogo lucense en tempos da II República.

Dirección/Coordinación

Armando Requeixo

arcuba@edu.xunta.gal

881996159

Publicacións resultantes

Colección Luísa Villalta

Dirección

Armando Requeixo

Obras

  • Luísa Villalta, As palabras ingrávidas. Armando Requeixo (edición), 2021.