Logo Filmografía galega: curtametraxes
Filmografía galega: curtametraxes

Ángel Luis Hueso Montón José Mª Folgar de la Calle (Director); Rita Martín Sánchez , Yolanda López López (Redactor)

(2002)

84-453-3284-8

Prezo: 19,53 €

Páxinas: 397

Formato: 17 x 24 cm.

Imprime: Aroprint, S.L.

Descargar (52 MB)

Trátase dunha catalogación na que se recollen as curtas de 16 e 35 mm de producción ou rodaxe no noso país realizadas ata o ano 2000. Nas fichas inclúense datos técnicos e artísticos agrupados en dirección, producción, son, guión, fotografía ou actores entre outros, xunto á sinopse, lugares de rodaxe ou agradecementos. O libro, de case 400 páxinas, contén 347 curtas ordenadas alfabéticamente, e cinco índices –títulos de filmes, cronolóxico, de directores, lugares de rodaxe e onomástico xeral para facilitar a súa consulta. Esta nova contribución á bibliografía cinematográfica representa a unha mellor comprensión da historia e da sociedade galega contemporánea. Entre os grupos sociais que poden aproveitar este traballo merecen especial atención os vencellados á docencia, posto que a través deses filmes se pode profundizar na comprensión da evolución da nosa sociedade.