Logo Cadernos Ramón Piñeiro (XXVIII). Cunqueiro, destinatario.
Cadernos Ramón Piñeiro (XXVIII). Cunqueiro, destinatario.

Xosé Luís Cochón Touriño (edición), Lorena Domínguez Mallo e Anastasio Santos Iglesias Blanco (colaboración).

(2014)

978-84-453-5139-0

Prezo: 8 €

Páxinas: 152

Formato: 240x170 mm

Imprime: Grafisant, S.L.

Descargar (2 MB)

Na liña de publicación de recompilacións epistolares dos Cadernos Ramón Piñeiro, e tamén de atención ao fabulador mindoniense álvaro Cunqueiro, se insire este Cunqueiro, destinatario no que se ofrecen varias ducias de textos epistolares enviados por máis de trinta amigos (escritores, editores, críticos, etc) representativos do galeguismo intelectual e literario. A edición, rigorosamente respectuosa cos textos orixinais, vai prologada e anotada. Desde Salvatore Quasimodo ata Otero Pedrayo, desde Celso Emilio Ferreiro ata Eduardo Blanco Amor, desde Castroviejo ata Eugenio Montes figuran aquí coa súas cartas; certamente, documentos relevantes para coñecer datos puntuais da vida ou da obra cunqueirianas.