Logo ArGaMed 4/2021. As anotacións de Angelo Colocci nos cancioneiros galego-portugueses.
ArGaMed 4/2021. As anotacións de Angelo Colocci nos cancioneiros galego-portugueses.

Mercedes Brea, Antonio Fernández Guiadanes e Gerardo Pérez Barcala

(2021)

e-ISSN: 2695-3951

Soporte: Publicación electrónica en liña

Prezo: de balde

Páxinas: 222

Formato: 210x297 mm

Descargar (18 MB)

Colocci encargou realizar dúas copias dun “Libro di portughesi”, do que levou a cabo unha revisión e estudo e deixou sobre eles anotacións de tipos moi diversos. Este volume presenta a transcrición paleográfica e unha proposta de edición de todas esas notas e tamén un estudo de conxunto que intenta agrupalas establecendo unha tipoloxía que responda aos intereses que o moveron a escribilas.