Logo Manuel Murguía. Homenaxe
Manuel Murguía. Homenaxe

X. Amancio Liñares Giraut (Edición)

(2023)

978-84-453-5477-3

Páxinas: 81

Formato: 300x210 mm

Imprime: Grafisant, S.L.

Descargar (23 MB)

“Manuel Murguía. Homenaxe” é unha edición preparada en conmemoración do centenario do falecemento do historiador e polígrafo Manuel Martínez Murguía (1833-1923). Na publicación faise un rescate dun fragmento do nº 246 de “Galicia” (“Revista oficial del Centro Gallego de Buenos Aires”, xuño, 1933), que recolle unha solemne homenaxe tributada a Murguía en Bos Aires, onde se inclúe como parte esencial a edición facsimilar da crónica dese evento, así como unha descrición e análise do contido da mesma. Este libro compleméntase cuns Anexos, que reproducen o Discurso de Manuel Murguía nos Xogos Florais de Tui (1891); o artigo “Manuel Murguía, o gran precursor”, de Francisco Fernández del Riego; Cronobiografía (de Teresa Monteagudo Cabaleiro e Luís Alonso Girgado) mais unhas ilustracións murguianas achegadas por Siro López.