Logo Testemuñas e perspectivas en homenaxe ao Seminario de Estudos Galegos: Estudo introdutorio e edición facsimilar
Testemuñas e perspectivas en homenaxe ao Seminario de Estudos Galegos: Estudo introdutorio e edición facsimilar

X. Amancio Liñares Giraut (Edición)

(2023)

978-84-453-5461-2

Páxinas: 226

Formato: 240x170 mm

Imprime: Mais Deseño Silleda

Descargar (30 MB)

En 1978, Ediciós do Castro publicou o número 5 de “Cuadernos do Laboratorio de Formas de Galicia” no que recollía a visión e recordos de persoas que tiveron relación, directa e indirecta, co Seminario de Estudos Galegos. Así, Fernández del Riego, Antonio Fraguas, Carballo Calero, Filgueira Valverde e outros persoeiros da cultura galega puideron ver, daquela, recollidas as súas reflexións sobre o SEG e o seu papel dende unha perspectiva científica e cultural de Galicia. O Centro Ramón Piñeiro, a través da súa colección “Olladas no Pasado”, quere darlle a importancia debida a este caderno cunha edición facsimilar, acompañada dun estudo introdutorio de Alfonso Mato, no centenario da creación do Seminario de Estudos Galegos.