Logo CORGA

CORGA

Corpus de Referencia do Galego Actual.

ISSN 1988-1541

O Corpus de Referencia do Galego Actual (CORGA) é un corpus documental etiquetado automaticamente representativo do uso lingüístico do galego actual. Abrangue dende 1975 ata a actualidade e nel están representados os diferentes tipos de textos galegos actuais.

Logo CODOLGA

CODOLGA

Corpus Documentale Latinum Gallaeciae.

ISSN 1887-5602

O Corpus Documentale Latinum Gallaeciae nace co propósito de elaborar un corpus textual o máis completo e actualizado posible con toda a documentación medieval relacionada con Galicia en lingua latina desde o século VI ata o XV, ambos inclusive.

Logo FONTEGAM

FONTEGAM

Fontes Textuais da Galicia Medieval.

FONTEGAM é un recurso que permite a busca combinada de información relativa á Galicia medieval nos textos latinos do Corpus Documentale Latinum Gallaeciae (CODOLGA) e nos textos romances do Corpus Galego-Portugués Antigo (CGPA).

Logo GALITA

GALITA

Dicionario galego italiano.

O dicionario bilingüe galego italiano permite aumentar o caudal léxico e da a información necesaria para o uso correcto das dúas linguas postas en contacto por primeira vez.

Logo Palmed

Palmed

Base de datos Paleográfica da Lírica Galego-Portuguesa.

ISSN 2951-7028

PalMed é unha base de datos que ofrece a transcrición paleográfica de todos os testemuños manuscritos da lírica galego-portuguesa. O seu obxectivo é facilitar o labor dos investigadores interesados na realización de estudos paleográficos, grafemáticos, lingüísticos e ecdóticos sobre a produción trobadoresca do occidente ibérico.

Logo BiRMED

BiRMED

Bibliografía de Referencia do Arquivo Galicia Medieval.

ISSN 1989-869X

A Bibliografía de Referencia do Arquivo Galicia Medieval (BiRMED) é unha base de datos que ten como obxectivo servir como ferramenta de traballo aos estudiosos da literatura galega medieval, facilitando a busca de referencias e o contacto entre a produción científica de distintas áreas xeográficas. Esta é unha evolución da Bibliografía de Referencia da Lírica Medieval Galego-Portuguesa (ISSN 1988-0936) publicada en agosto de 2006.

Logo BILEGA

BILEGA

Bibliografía informatizada da lingua galega.

ISSN 1885-2920

BILEGA é unha base de datos que contén información bibliográfica anotada sobre traballos de investigación ou de divulgación / opinión que se ocupan da lingua galega -de forma exclusiva ou parcial- nas diferentes fases do seu desenvolvemento histórico (incluídos os períodos de formación).

Logo DiTerLi

DiTerLi

Base de datos do Dicionario de Termos Literarios.

ISSN 1988-7450

O Dicionario de Termos Literarios inclúe voces de moi diversos ámbitos, desde as que proveñen da Poética e a Retórica clásicas até aquelas que están aínda consolidándose nos campos plurais dos programas de investigación máis recentes.

Logo MedDB

MedDB

Base de datos da Lírica Profana Galego-Portuguesa.

ISSN 1989-4546

Base de datos do corpus completo das cantigas medievais dos trobadores galego-portugueses, con información detallada tanto das composicións como dos aspectos histórico-biográficos dos trobadores.

Logo TERGAL

TERGAL

Banco de termos galegos recomendados.

ISSN 2530-4917

TERGAL é un banco de datos terminolóxico que recolle as denominacións galegas recomendadas para conceptos das linguas de especialidade e, de maneira especial, dos dominios científico e técnico. Ademais dos termos recomendados en lingua galega, os rexistros tamén inclúen información conceptual que axuda a identificar a noción á que fan referencia, así como un amplo número de equivalentes noutras linguas.