Logo Romarías

Romarías

Cantigas de romaria.

ROMARIAS é unha web multilingüe que complementa o estudo da tradición lírica galego-portuguesa con ferramentas de xeolocalización dixital para crear un espazo interactivo onde os usuarios poidan explorar as coñecidas nos ámbitos académicos como cantigas de romaría ou cantigas de santuario.

Logo CANTICAR

CANTICAR

Cartografía da lírica profana galego-portuguesa.

CANTICAR é un recurso que materializa de forma gráfica os topónimos da lírica profana galego-portuguesa.

Logo XIADA 2.9

XIADA 2.9

Etiquetador/Lematizador do Galego Actual.

XIADA é o nome que recibe o Etiquetador/Lematizador do Galego Actual. Na súa páxina web pódese acceder a unha versión de demostración en liña, descargar tanto o corpus de adestramento coma o léxico que emprega, ver a información relativa ás etiquetas morfosintácticas que utiliza e mesmo descargar o seu código.

Logo Informes

Informes

Informes de Literatura.

ISSN 2531-3045

Os Informes de literatura son o primeiro observatorio literario galego con características que van máis alá dunha base bibliográfica, xa que non só achega a creación senón que tamén a recepción de todo tipo de obras literarias, así como doutros elementos sistémicos, acompañados todos eles dunha descrición do seu contido, e mesmo da súa historia cando de revistas e premios se fala.

Logo CFG

CFG

Cadernos de Fraseoloxía Galega.

ISSN 1698-7861

Cadernos de Fraseoloxía Galega, revista internacional de investigación fraseolóxica.

Logo ArGaMed

ArGaMed

Arquivo Galicia Medieval.

eISSN 2695-3951

Serie de publicacións que complementa os proxectos Lírica profana galego-portuguesa, Cantigas de Santa Maria, Prosa literaria galega medieval e BiRMED.

Logo Cotovía

Cotovía

Sistema de conversión texto-voz bilingüe para Galego.

Cotovía é un sistema de conversión texto-voz bilingüe para Galego e Castelán desenvolvido polo Grupo de Tratamento do Sinal da Universidade de Vigo (España) e un grupo de investigadores da Universidade de Santiago de Compostela co apoio do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.