Pedro Benavente Jareño, Xesús Ferro Ruibal; Siro (Debuxos)
(1995)
84-453-1285-5
Prezo: 1.050 pts.
Páxinas: 191
Formato: 17 x 24 cm.
Imprime: Gráficas Numen
Descargar (739 KB)Este “Refraneiro galego da vaca” ofrece a parte paremiolóxica da monografía etnolingüística que se está a realizar, sobre o campo semántico da vaca galega dende hai anos, por un veterinario, Pedro Benavente Jareño e un filólogo, Xesús Ferro Ruibal. Ambos recolleron e estudiaron, contando coas variantes dialectais, máis de dez mil palabras, máis de mil refráns, cantigas populares, adiviñas e mesmo os relatos galegos de tradición oral. En fin, o material recollido nas case oitocentas fontes manexadas mostra información de todo o territorio galego e nel, naturalmente, rexístrase todo canto os autores atoparon xa publicado verbo deste tema.