Luis Alonso Girgado (Director do proxecto); Xoán Carlos Domínguez Alberte, Begoña Eguizábal Gándara, Amelia Rodrigues Esteves (Colaborador)
(1995)
84-453-1394-0
Prezo: 4.875 pts.
Páxinas: 235
Formato: 21'5 x 28 cm.
Imprime: Difux, S.L.
Descargar (60 MB)Co motivo do cincuentenario da aparición desta revista “Posío”, nada na cidade de Ourense en 1945, ve a luz esta edición facsímile. “Posío” foi froito da entusiasta iniciativa xuvenil dos mozos que compoñían o Grupo Azor (José Luis Varela, Segundo Alvarado, Alfonso Alcaraz, Segundo Fernández Covelo e logo Pura Vázquez), activo nos labores literarios dende 1942. O número de colaboradores é relativamente reducido, por tres motivos evidentes: os limitados catro números que tirou, as dezaseis páxinas por número e a reiteración dalgúns nomes. Con todo, son en total trinta e un os autores aquí presentes, cun medio equilibrio entre os 16 de orixe galega e os 15 non galegos. Otero Pedrayo, Vicente Risco ou José A. Valente figuran nestas escolleitas páxinas.