Logo Repertorio bibliográfico da lingüística galega
Repertorio bibliográfico da lingüística galega

Francisco García Gondar (Director do proxecto); María Teresa Araújo García, Inés Diz Gamallo, M. Teresa Monteagudo Cabaleiro, Pilar Vázquez Grandas (Colaborador)

(1995)

84-453-1492-0

Prezo: 2.650 pts.

Páxinas: 609

Formato: 17 x 24 cm.

Imprime: Litonor

O CRPIH asumiu, coma un dos seus primeiros proxectos, a elaboración dunha base de datos bibliográfica que acollese tódolos traballos dedicados á lingua galega nas diversas fases do seu desenvolvemento histórico. Esta ferramenta de consulta en formato dixital creouse coa idea de incorporalá á rede Internet para facilita-lo seu acceso público e seguila actualizando periodicamente. Froito do primeiro ano e medio de construcción da base de datos BILEGA Bibliografía Informatizada da Lingua Galega) é este Repertorio, que só parcialmente reflicte a información almacenada naquela. Está constituído por 5.185 entradas -resultado da agrupación duns 7.500 asentos bibliográficos-, ás que se asignaron aproximadamente 10.500 caracterizacións temáticas a partir dunha lista de 271 conceptos lingüísticos. Cada entrada trata de recolle-los datos de tódalas edicións do traballo citado e as notas ou recensións publicadas sobre o mesmo. O libro complétase cun índice de traballos que etudian variedades do galego e un índice de autores. Na actualidade, a información que ofrece esta monografía pode encontrarse moito máis ampliada e actualizada na base de datos BILEGA, accesible a través de Internet desde novembro de 1998.