Logo Terra, Mar e Lume. Poesía de Bosnia-Herzegovina, Bulgaria, Croacia, Eslovenia, Macedonia, Montenegro e Serbia
Terra, Mar e Lume. Poesía de Bosnia-Herzegovina, Bulgaria, Croacia, Eslovenia, Macedonia, Montenegro e Serbia

Úrsula Heinze de Lorenzo (Introdución); Úrsula Heinze de Lorenzo (Selección); Úrsula Heinze de Lorenzo (Tradutor)

(1996)

84-453-1777-6

Prezo: 2.225 pts.

Páxinas: 382

Formato: 18 x 25 cm.

Imprime: Gráficas Duher, S.L.

Úrsula Heinze concibe esta escolma coma un intento de construír, no medio do terror, do estrago e da morte, unha casa de convivencia pacífica, concienciando a cada un da súa responsabilidade. Na presente antoloxía figura a lírica de cada país por separado para evitar confusións e darlle ó lector a posibilidade de profundar nos poemarios que prefira. Cada sección iníciase cunha pequena introducción para conseguir unha maior comprensión da creación poética do século XX, que é o resultado dunha longa e prestixiosa tradición literaria en cada país. Finalmente cómpre subliñar que para realiza-la traducción, como a propia autora especifica no limiar, apoiouse en traduccións feitas a outros idiomas, mais “neste caso, coido que os medios xustifican os fins”.