Logo La Noche 'Suplemento del Sábado'. Santiago de Compostela, 1949-1950
La Noche 'Suplemento del Sábado'. Santiago de Compostela, 1949-1950

Luis Alonso Girgado (Director do proxecto); Xabier Castro Rodríguez, Xoán Carlos Domínguez Alberte, Begoña Eguizábal Gándara, Manuel Quintáns Suárez, Amelia Rodrigues Esteves (Colaborador)

(1996)

84-453-1849-7

Prezo: 6.275 pts.

Páxinas: 305 (169 o volume que contén as presentacións, estudios e índices e 136 a edición facsímile)

Formato: 29 x 41 cm.

Imprime: Editorial Compostela, S.A.

Descargar (167 MB)

Á parte da reproducción facsimilar dos dezaseis números de que consta o “Suplemento del Sábado”, esta publicación contén un volume que inclúe un capítulo de presentacións, o estudio do Suplemento e os índices respectivos de textos e colaboradores do mesmo. Francisco Fernández del Riego, Borobó de Baldomero Cores escriben, dende a súa experiencia, sobre a xénese e particularidades de tal publicación. Na introducción trázase un percorrido polas publicacións da década na que se insire o nacemento do xornal e mais do Suplemento para logo analizárense a estructura e contidos do Suplemento, así como unha relación dos seus colaboradores, dos que se recolle posteriormente un repertorio biobibliográfico. Antes do capítulo destinado ós índices, no anexo “Cincuentenario do xornal La Noche”, realízase un estudio no que se dá conta do xurdimento deste xornal compostelán.