Logo O pensamento rexeneracionista de Eloy Luis André (Do europeísmo ó galeguismo)
O pensamento rexeneracionista de Eloy Luis André (Do europeísmo ó galeguismo)

Ramón López Vázquez

(1996)

84-453-1861-6

Prezo: 1.650 pts.

Páxinas: 250

Formato: 17 x 24 cm.

Imprime: Eurográficas Pichel, S.L.

Os “Prolegómenos” que inician o presente libro dan conta da extrema relevancia da figura deste pensador ourensán ó tempo que trazan un intento de sistematización da súa densa obra, sempre impregnada pola preocupación ética. Na introducción realízase un primeiro achegamento ó problema das institucións educativas españolas, problema no que indaga coa finalidade de buscar solucións para as eivas que lle afectan dende unha perspectiva laica, estatal, aconfesional, gratuíta e interclasista. Nos capítulos sucesivos (Europeísmo, Españolismo, Galeguismo) analízanse as reformas que conducen á necesaria modernización e á racionalidade universal inspirada nun modelo de vida atlantista e cun galeguismo pragmático, útil e científico como modelo teórico para divulga-los valores ilustrados de autonomía e soberanía da persoa.