Manuel Amor Meilán; M.ª Teresa Araújo García (Introdución); M.ª Teresa Araújo García (Notas)
(1998)
84-453-2085-8
Prezo: 1.685 pts.
Páxinas: 160
Formato: 15 x 21'5 cm.
Imprime: Cograf-Santiago
Gracias ó labor da crítica, hoxe en día sabemos que a literatura galega do noso Rexurdimento non foi só e unicamente poesía, senón que houbo un grupo de autores, moitos deles tamén poetas, que dedicaron os seus esforzos a poñe-las bases da narrativa galega. Neste sentido, un equipo de investigadores do Centro Ramón Piñeiro, baixo a dirección do profesor Modesto Hermida García, iniciou unha actividade de recuperación e edición de obras narrativas de finais do século XIX e principios do XX, sendo esta a segunda obra da mesma serie editada polo centro. Coa intención de dar a coñece-la obra narrativa en galego de Manuel Amor Meilán aparece agora Baixo do Alpendre e outros relatos, novo volume do proxecto “Narrativa Recuperada”.