Logo Obra Narrativa en galego de Heraclio Pérez Placer
Obra Narrativa en galego de Heraclio Pérez Placer

Heraclio Pérez Placer; Isabel Soto López (Edición, introdución e notas)

(1998)

84-453-2236-2

Prezo: 1.685 pts.

Páxinas: 552

Formato: 15 x 21'5 cm.

Imprime: Litonor

Descargar (83 MB)

Edición da producción narrativa en galego de Heraclio Pérez Placer (Ourense, 1896- Calatayud, 1926) na que se recolle a súa novela “Prediución”, publicada por entregas dende o 7 de xullo ó 25 de agosto de 1889 no “Tío Marcos da Portela”, os relatos que compoñen os volumes “Contos leendas e tradiciós” (1891), “Contos da terriña” (1895) e “Beira do lar” (Cuentos gallegos) (1901), ademais de “Outros relatos” dados a coñecer tamen no “Tío Marcos da Portela”. Na introducción que acompaña ós textos ofrécense datos sobre a biobliografía do autor, analízanse os textos achegados e danse algunhas claves de interpretación sobre os contidos máis significativos dos relatos. Complétase esta introducción cunha “Análise dos contos”, na que se atende ó seu esquema estructural, deseño editorial, modalización narrativa, temporalización, espacialización e caracterización dos personaxes, con referencias á recepción da obra de Pérez Placer no seu tempo e cunha análise lingüística.