Manuel Núñez González; Amelia Rodrígues Esteves, Luis Alonso Girgado (Edición)
(1998)
84-45321-67-6
Prezo: 1.100 pts.
Páxinas: 200
Formato: 14'5 x 21 cm.
Imprime: 4-Cromía, S.L.
“Salayos” (1895) foi o único libro poético que publicou Manuel Núñez González, un escritor decimonónico, finisecular, sen dúbida estimable aínda que non chega á categoría de gran figura. Con este poemario iniciamos a xeira da Colección Láncara, que tenta recuperar obras poéticas inéditas, esquecidas ou inexistentes no actual ámbito editorial galego. No estudio prologal atopamos un percorrido bio-bibliográfico polo autor e unha análise (temas, lingua, métrica, estilo) do seu libro “Salayos”, completado coa compilación de máis de vinte poemas, esparexidos polas páxinas de xornais e revistas da época, e aínda cun relato curto. Esta é a segunda edición deste poemario, a máis dun século de distancia da primeira.