Blanca-Ana Roig Rechou (Director do proxecto); Blanca-Ana Roig Rechou (Coordinador); M.ª Isabel Soto López (Axudante de coordinación); Mario Romero Triñanes (Bolseiro)
(1998)
84-453-2275-3
Prezo: 7.020 pts.
Páxinas: 765
Formato: 27'5 x 21'5 cm.
Imprime: Proyectgraf
Terceira entrega do proxecto iniciado en 1995, elaborado por redactores do Centro Ramón Piñeiro e externos. Vai acompañado dun CD-ROM que recolle os Informes de 1995, 1996 e 1997. Na “Nota previa” explícase que os obxectivos seguen a ser: facilitarlle unha bibliografía comentada da producción literaria anual e un material de consulta e documentación á comunidade investigadora e ó publico en xeral. Aumentan os gráficos estatísticos que aparecían nas anteriores entregas, introducindo os que consignan a porcentaxe de obras subvencionadas e as editadas por institucións oficiais. A seguir van os apartados habituais do volume: “Narrativa”, “Poesía”, “Teatro”, “Día das Letras Galegas: Anxel Fole”, “Ensaio. Teoría Xeral e Crítica”, “Clásicos grecolatinos traducidos”, “A literatura infantil e xuvenil galega”, “Literatura de transmisión oral”, “Revistas”, “Premios”, “Literatura medieval”, “Folletos de novidades editoriais”, “Apéndice de libros 1995 e 1996”, “Índice Onomástico” e “Índice temático”.