Logo Fraseoloxía eslava. (Manual universitario para a especialidade de lingua e literatura rusas)
Fraseoloxía eslava. (Manual universitario para a especialidade de lingua e literatura rusas)

Valerii Mokienko; Ekaterina Guerbek (versión galega) (Tradutor); Ekaterina Guerbek (versión galega) (Índices); Isabel Valiño Ferrín, Maite Veiga Díaz (versión galega) (Revisión); Xesús Ferro Ruibal (versión galega) (Coordinador)

(2000)

84-453-2739-9

Prezo: 3.245 pts.

Páxinas: 502

Formato: 17 x 24 cm.

Imprime: euroGráficas pichel, s.l.

Descargar (2,77 MB)

O profesor de San Petersburgo, Valerii Mokienko, sempre tivo a preocupación por encontrar un método para establece-la etimoloxía das expresións fraseolóxicas que se puidese comparar en rigor ó que os lingüistas idearan para reconstruíren a historia dos cambios fonéticos e morfolóxicos. Naturalmente tiña que supera-la fácil etimoloxía popular. A pescuda dos universais fraseolóxicos levouno a artellar un método de traballo que el denominou a modelación semántico-estructural. Neste libro o autor formula por primeira vez ese método científico para o estudio diacrónico da fraseoloxía, mediante as dicotomías estabilidade / inestabilidade, modelabilidade / inmodelabilidade, implicidade / explicidade, imaxibilidade / inimaxibilidade, expresividade / neutralidade e finalmente sincronía / diacronía. Este método, hoxe practicado por fraseólogos de Europa, Asia e América, desvela algúns dos chamados universais fraseolóxicos e permite descubri-la etimoloxía das expresións fraseolóxicas con certo rigor. Os principios xerais, que establece para a investigación da fraseoloxía eslava, poden ser utilizados tamén no estudio da idiomática das linguas non eslavas, incluída a galega. Por esa razón esta traducción contrasta continuamente a fraseoloxía eslava coas equivalencias fraseolóxicas galegas e contén índices moi completos. Esta primeira traducción a unha lingua occidental forma parte do proxecto de “Traducción de obras de fraseoloxía rusa” e representa o soporte teórico daqueloutro longo ensaio titulado “As imaxes da lingua rusa”, que tamén aparece nesta colección.