Xesús Taboada Chivite; Isabel Valiño Ferrín, Maite Veiga Díaz (Preparación da edición); Xesús Ferro Ruibal (Director)
(2000)
84-453-2771-2
Prezo: 1.190 pts.
Páxinas: 192
Formato: 17 x 24 cm.
Imprime: Gráficas Numen (Vigo)
Descargar (637 KB)Monográfico. Segundo número da colección “Cadernos de Fraseoloxía Galega” aberta para a exhumación de coleccións fraseolóxicas inéditas. Edición dun ficheiro inédito de 3.826 refráns galegos (ós que hai que engadir 75 refráns paralelos doutras linguas -maiormente casteláns e portugueses-, 44 dialoxismos, 52 locucións e fórmulas, 5 cantigas, 1 romance e unha rima infantil). Xesús Taboada Chivite deixárao en fase de elaboración cando morreu en 1976. Algúns refráns que aparecen por primeira vez nesta colección son especialmente densos de imaxe ou de mensaxe coma “O galego non perde o rego, Non lle fagas mal que nono merecen, mais non lle fagas ben que nono agradecen, Pisada de boi, dente de lobo e facer moito, moito o bobo, Os machadazos nas alturas parecen molduras ou Os réditos non teñen días santos”. O material aparece ordenado alfabeticamente e na grafía actual, respectando todo tipo de variantes dialectais e influencias alleas na lingua oral, pero un amplo aparato crítico ofrece a lectura literal de cada ficha. Leva un prólogo biobibliográfico de Xesús e Manuel Taboada Cid e un estudio dos valores paremiolóxicos e dos criterios de edición que asinan Xesús Ferro Ruibal, Isabel Valiño Ferrín e Maite Veiga Díaz, que tamén ordenaron en apéndices o material heteroxéneo que contiña o manuscrito.