Logo A saudade nos poetas gallegos
A saudade nos poetas gallegos

Ramón Cabanillas, Eladio Rodríguez González; Luís Alonso Girgado, Teresa Monteagudo (Introdución); Luís Alonso Girgado, Teresa Monteagudo (Epílogo)

(2000)

84-453-2938-3

Prezo: 700 pts.

Páxinas: 142

Formato: 11'5 x 16'5 cm.

Imprime: Gráficas ATV

Descargar (14 MB)

Trátase da edición facsimilar do discurso de entrada na Real Academia Galega do poeta Ramón Cabanillas, completado polo discurso de recepción do novo académico pronunciado por Eladio Rodríguez González. Os textos destes discursos publicáronse conxuntamente en 1920, nun libro de pequeno formato feito no prelo do xornal “El Noroeste” da Coruña. Na breve introducción temos unha crónica das xornadas que a Real Academia celebrou no balneario de Mondariz e, a xeito de epílogo, un percorrido pola recepción que os actos tiveron na prensa da época; recepción certamente polémica. Posúe esta obra un alto interese pola personalidade dos dous escritores e pola notable importancia que o tema da saudade adquire na poesía galega.