Logo Obra narrativa en galego de Uxío Carré Aldao
Obra narrativa en galego de Uxío Carré Aldao

Uxío Carré Aldao; Mario Romero Triñanes (Edición); Modesto Hermida García (Director do proxecto)

(2000)

84-453-3000-4

Prezo: 900 pts.

Páxinas: 168

Formato: 15 x 21'5 cm.

Imprime: Garabal, S.L.

Descargar (25 MB)

Recolle este volume a producción narrativa en galego de Uxío Carré Aldao (A Coruña, 1859-1932), composta polos relatos incluídos en “Brétemas. Verso e prosa” (1886), “Raiolas. Verso e prosa” (1888), “Contos da forxa” (1919), así como outros publicados en divesos xornais galegos de finais do século XIX e principios do XX. Así mesmo, recóllese a noveliña curta “A terra chama” (1925). Os textos do autor coruñés veñen precedidos por un percorrido biobibliográfico e unha aproximación ás claves da producción literaria xunto a unha descrición das características lingüísticas máis significativas. Con esta edición séntanse as bases para unha primeira achega á faceta literaria, un tanto esquecida, dunha figura sobranceira dos derradeiros anos do Rexurdimento e cunha traxectoria persoal e intelectual que chega ata os tempos das Irmandades da Fala.