Logo Orixes da Materia de Bretaña
Orixes da Materia de Bretaña

Santiago Gutiérrez García

(2002)

84-453-3319-4

Prezo: 6,80 €

Páxinas: 221

Formato: 16 x 23’5 cm.

Imprime: Grafinova S.A.

Descargar (697 KB)

Nesta obra, As orixes da materia de Bretaña. (A Historia regum Britanniae e o pensamento europeo do século XII), Santiago Gutiérrez García fai unha análise daqueles elementos que definen a obra máis importante que se compuxo na Inglaterra do século XII, a Historia regum Britanniae de Geoffrey de Monmouth. O estudioso presta especial atención, por unha banda, ás circunstancias históricas nas que viviu o autor (coa consolidación da dinastía anglonormanda), e, por outra banda, á súa visión do mundo, especialmente no que atinxe á súa concepción do universo da maxia e a astroloxía, usando a figura de Merlín como fío conductor. A exaltación do pobo bretón que Monmouth fai na súa obra obedece a un desexo de equiparar os seus compatriotas celtas con saxóns e normandos, imaxinándoos como un pobo de guerreiros e conquistadores, acaudillados por figuras míticas como Constantino ou Artur. Neste caso, Merlín é a figura que facilita a interpretación da mensaxe contida na obra, ó mesmo tempo que é, en certo sentido, trasunto do propio autor, por canto permite entender a súa ideoloxía e maila súa formación cultural.