Luis Alonso Girgado (Director); Natalia Regueiro (Estudo introdutorio); Josefa Beloso Gómez (Colaborador)
(2002)
84-453-3448-4
Prezo: 17,85 €
Páxinas: 344
Formato: 17 x 24 cm.
Imprime: Difux, S.L.
Descargar (609 MB)Galicia Moderna (A Habana, 1885-1890) foi un semanario “de intereses generales” fundado e dirixido por José Novo y García. A súa xeira non foi certamente de longa duración, pero tirou 214 números e acolleu nas súas páxinas a moitos e moi ilustres escritores e xornalistas galegos. A riqueza informativa, a atención á Galicia peninsular e o ámbito dos emigrantes galegos en Cuba, os prestixiosos colaboradores e o importante espazo dedicado á cultura (e á literatura en particular) fan deste semanario un dos máis importantes no terreo da nosa prensa da emigración. A presente edición vai precedida de puntuais estudos sobre distintos aspectos destas páxinas e leva os índices de colaboradores e colaboracións. En CD-ROM figuran os 214 números e os suplementos do semanario.