María do Rosario Soto Arias; Xesús Ferro Ruibal (Director)
(2003)
84-453-2771-2
Prezo:
Páxinas: 347
Formato: 24 x 16,5 cm.
Imprime: Gráficas Numen (Vigo)
Descargar (1,84 MB)Monográfico. Este terceiro número de “Cadernos de Fraseoloxía Galega” é unha monografía da autoría de María do Rosario Soto Arias. Nela ofrécenos equivalencias castelás duns 4.400 refráns galegos e as equivalencias galegas duns 4.100 refráns casteláns: equivalencias, non traducións, dado que para que un refrán sexa refrán ten que estar fixado no uso e, por esa razón, a tradución literal dun refrán, aínda sendo lexítima para certos usos, non lle dá condición de refrán ó que resulte. Este libro é, logo, un intento de ofrecer correspondencias semánticas con paremias xa rexistradas como tales en cada unha das dúas linguas: intento, porque a correspondencia plena non sempre é posible. Como a fonte fundamental son os repertorios paremiolóxicos xa publicados e dado o túnel ágrafo dos séculos escuros, enténdese que, mentres os refráns galegos son case todos do século XX, nos casteláns conviven formas vivas con arcaísmos ou formas menos actuais.