Logo Estudos e recadádivas (Cadernos de Fraseoloxía Galega 4)
Estudos e recadádivas (Cadernos de Fraseoloxía Galega 4)

Varios; Consello de redacción da revista (Preparación da edición); Xesús Ferro Ruibal (Director)

(2003)

84-453-3655-X

Prezo:

Páxinas: 343

Formato: 16,5 x 24 cm.

Imprime: Gráficas Numen (Vigo)

Descargar (14 MB)

Este cuarto número de “Cadernos de Fraseoloxía Galega” ten carácter misceláneo, como será no futuro o formato habitual da revista. Entre os estudos están “Proposta de clasificación semántico-funcional das unidades fraseolóxicas galegas” (de María Álvarez de La Granja), “Notas para unha bibliografía paremiolóxica galega” (de Xesús Ferro Ruibal e Ana Vidal Castiñeira), “O labor de fraseógrafo de Manuel Leiras Pulpeiro” (de Ramón Anxo Martíns Seixo) e “Aproximación ó ‘mínimo paremiolóxico’ galego. Unha proposta didáctica” (de Ana Vidal Castiñeira). “As recadádivas son Un manuscrito paremiolóxico de Murguía” (por Ana Vidal Castiñeira), “Aportazón ao refraneiro. Coleición de refrás recollidos da tradizón oral por Lois Carré (1898-1965)” (por Mª Carmen Paz Roca), “Refranero gallego. Colección hecha por el P. Gumersindo Placer López” (por Lois Vázquez), “Refraneiro do Seminario de Santiago (1947-1958)” (por Patricia Buján Otero, Xesús Ferro Ruibal, Mª Carmen Paz Roca, Marta Rodríguez Añón e Ana Vidal Castiñeira), “El refrán y su sombra (Faro de Vigo) por José Sesto” (por Patricia Buján Otero) e “Fraseoloxía e terminoloxía dos cogomelos” (por Cristovo Ruíz Leivas e Juan A. Eiroa García-Garabal).

Contidos