Francisco Vázquez Saco; Josefa Beloso Gómez, Patricia Buján Otero, Xesús Ferro Ruibal e Mª Carmen Paz Roca (Preparación da edición); Xesús Ferro Ruibal (Director)
(2003)
84-453-3651-7
Prezo:
Páxinas: CXVIII + 1067
Formato: 16,5 x 24 cm.
Imprime: Galigraf Galicia, S.L. (A Coruña)
Descargar (16,6 MB)Este número 5 de “Cadernos de Fraseoloxía Galega” é unha monografía que rescata o arquivo fraseolóxico dun eminente eclesiástico lugués, Francisco Vázquez Saco (Sarria 1897 - Lugo 1962), que deixara inédita e sen ordenar unha colección de 22.935 refráns con 8.093 equivalentes noutras linguas, enriquecidos con 1.410 refráns tópicos, 268 dialoxismos, 59 enunciados fraseolóxicos, 56 frases proverbiais, 238 fórmulas, 241 locucións, 893 entradas léxicas definidas, 27 rimas, 18 xogos, 29 unidades fraseolóxicas de categoría pouco definida, 746 cantigas, 149 adiviñas, algúns contos e apuntes etnográficos e un pequeno apéndice con 331 refráns en castelán. O resultado é unha esmerada edición de 1067 páxinas, ás que hai que engadi-las 107 páxinas do prólogo no que o equipo de redacción formado por Josefa Beloso Gómez, Patricia Buján Otero, Xesús Ferro Ruibal e Mª Carmen Paz Roca estudan os manuscritos nos seus detalles, problemas e riqueza. A día de hoxe (2003) esta obra é a edición máis ampla de paremioloxía galega.