Logo O libro das palabras (Obra xornalística completa)
O libro das palabras (Obra xornalística completa)

Constantino García; Teresa Monteagudo Cabaleiro , María Carme García Arias (Edición)

(2003)

84-453-3682-7

Prezo: 25 €

Páxinas: 1084

Formato: 17 x 24 cm.

Imprime: Grafinova, S.A.

Descargar (4 MB)

O fecundo labor desenvolvido no terreo da lingüística por don Constantino García, que exerceu como profesor da Universidade de Santiago de Compostela durante varias décadas, tivo unha das súas canles de manifestación no ámbito xornalístico coa publicación de varios centos de artigos nos que, con amenidade non exenta de rigor, analizou palabras, expresións e frases singulares e curiosas divulgando así o coñecemento da nosa lingua. Agora, este Libro das palabras, homenaxe do Centro Ramón Piñeiro ó que foi o seu primeiro Coordinador Científico, reúne, co engadido de distintos índices, este vasto conxunto xornalístico de máis de mil catrocentos textos breves e inclúe aínda algúns inéditos. Un gran libro, en fin, do que son protagonistas as palabras, as nosas palabras.