Xosé Crecente Vega; Ricardo Polín (Edición)
(2003)
84-453-3430-1
Prezo: 16,95 €
Páxinas: 684
Formato: 17 x 24 cm.
Imprime: Galigraf Galicia
Co título de Folla Bricia presenta o profesor Ricardo Polín a súa edición crítica da Poesía galega completa do poeta chairego Xosé Crecente Vega (1896-1948), figura sobranceira da escola latinista do Seminario de Mondoñedo, poeta e filólogo. Un detallado e ben documentado estudio preliminar percorre a vida do escritor para, de seguido, analizar en profundidade a súa obra nos planos da forma e do contido, con especial atención ás claves lingüísticas. Temos, así, un rigoroso traballo de investigación e fixación textual que recupera esplendidamente o lirismo crecentiano –situado no paso do modernismo saudosista ás novidades da vangarda– que amosa a constancia do latexo humanista e paisaxista como sinais identificativos do poeta.