Logo Cadernos Ramón Piñeiro (III)
Cadernos Ramón Piñeiro (III)

Luís Alonso Girgado , María Cuquejo Enríquez , Teresa Monteagudo Cabaleiro

(2003)

84-453-3676-2

Prezo: 4 €

Páxinas: 54

Formato: 17 x 24 cm.

Imprime: Gráficas ATV

Descargar (771 KB)

Aínda que foi a conversa, a palabra oral e viva, a canle máis habitual de manifestación do sentir e pensar de Ramón Piñeiro, temos tamén os seus escritos, que apareceron ben reunidos en libros da súa autoría, ben en forma de limiares e colaboracións en libros alleos, ben nas páxinas de revistas e xornais. Trátase, sempre, de textos breves, de condensado pensamento e alta claridade expresiva. Este terceiro volume de Cadernos Ramón Piñeiro tenta poñer orde na súa producción bibliográfica e hemerográfica, reunida e sistematizada por vez primeira e distribuída en seis apartados, que non descoidan nin a súa obra epistolar nin o seu labor como traductor.