Carmen Fariña Miranda (Edición); Luís Alonso Girgado (Director do proxecto)
(2003)
84-453-3656-8
Prezo: 13,50 €
Páxinas: 168
Formato: 17 x 23,5 cm.
Imprime: Difux, S.L.
Descargar (230 MB)Foi Tapal unha revista publicada en Noia entre 1950 e 1955. Dirixida por Manuel Fabeiro Gómez e Andrés Rodríguez Millares, tirou un total de 9 números. Conteñen as súas páxinas unha moi extensa e variada información local referido a Noia, pero non é menos significativa a parte destinada á literatura e, en xeral, a motivos culturais. Salienta en Tapal o abondoso e variado das ilustracións, dende gravados ata fotografías. Chama a atención o conxunto de ilustres colaboradores, que van dende o mestre Otero Pedrayo ata un adolescente Avilés de Taramancos que publica aquí os seus primeiros poemas. Un detallado estudio introdutorio e os necesarios índices completan esta edición en libro + CD-ROM onde se recollen así mesmo os textos galegos do número 10, que quedou inédito.