Emilio Xosé Ínsua López (Edición)
(2004)
84-453-3960-5
Prezo: 7 €
Páxinas: 168
Formato: 17 x 24 cm.
Imprime: Gráficas ATV
Descargar (383 KB)Velaquí o traballo do profesor Emilio Xosé Ínsua López, Antón e Ramón Villar Ponte. Unha irmandade alén do sangue, que obtivo o II Premio Centro Ramón Piñeiro de ensaio breve e que agora se publica como número 7 da colección Cadernos Ramón Piñeiro. Comezando polo contexto familiar e polos anos de formación dos dous irmáns Villar Ponte, esta publicación percorre o seu labor político nas ringleiras do nacionalismo galego, actividade especialmente intensa nos anos vinte e trinta do pasado século. Desprégase ao longo destas páxinas unha panorámica político-ideolóxica chea de iniciativas, de loita, de esperanzas e de soños, panorámica na que os Villar Ponte tiveron un significativo protagonismo do que temos testemuño nas páxinas de prensa que eles asinaron en cabeceiras como Galicia, El Noroeste, El Pueblo Gallego, La Zarpa, A Nosa Terra e outras.