Logo Cadernos de Fraseoloxía Galega 6
Cadernos de Fraseoloxía Galega 6

Varios; Consello de redacción da revista (Preparación da edición); Xesús Ferro Ruibal (Director)

(2004)

84-453-2769-0 (Cadernos deFraseoloxía Galega)

Prezo: 5 €

Páxinas: 296

Formato: 17 x 24 cm.

Imprime: Gráficas Numen

Descargar (7,15 MB)

Na sección de estudos do número 6 da revista Cadernos de Fraseoloxía Galega, correspondente a 2004, o maior deles analiza a doutrina fraseolóxica de Valerii Mokienko; seguen outros sobre colocacións verbais, os adverbios compostos do catalán, os primeiros refraneiros galegos dos séculos XVI e XVII. Descríbense métodos de extracción automática de colocación d e modismos; analízanse problemas que para a fraseoloxía significan os niveis de uso e de correspondencia entre linguas e abórdase a aplicación didáctica da fraseoloxía. Na sección de recadádivas sae á luz un novo manuscrito paremiolóxico de Vázquez Saco. E na sección de recensións analízanse cinco libros recentes de fraseoloxía galega, castelá, francesa e inglesa. Asinan estes traballos profesores das Universidades de Budapest, Greifwasld (Alemaña), Wolverhampton, Autónoma de Barcelona, Complutense de Madrid, Granada, Sevilla, Santiago, A Coruña, Vigo, IES Eusebio da Guarda (A Coruña) e tamén os investigadores propios do Centro Ramón Piñeiro.

Contidos