Logo Tierra Gallega (Montevideo, 1917-1918)
Tierra Gallega (Montevideo, 1917-1918)

Luís Alonso Girgado (Director do proxecto); Carmen Fariña Miranda (Edición)

(2004)

84-453-3977-X

Prezo: 10 €

Páxinas: 208

Formato: 17 x 24 cm.

Imprime: Grafinova, S.A.

Descargar (695 MB)

Esta edición en libro e en CD-ROM do semanario Tierra Gallega realizada por Carmen Fariña Miranda baixo a dirección de Luis Alonso Girgado supón o comezo do proceso de recuperación por parte do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades da prensa galega emigrante en Uruguai. A revista Tierra Gallega é o voceiro da sociedade Casa de Galicia de Montevideo que baixo a dirección de José Mª Barreiro divulgou e impulsou a creación daquela sociedade. Contou cun notable elenco de colaboradores, así como cun variado material de ilustracións, que pretendían espallar a cultura galega en terras uruguaias, ademais de dar noticia da situación e acontecementos que derivaron da fundación da Casa de Galicia, que percorreu camiños distintos aos do Centro Galego de Montevideo. Con esta edición facsimilar temos ao noso alcance a andaina completa de Tierra Gallega (Montevideo, 1917-1918) grazas á colección dos seus 63 números que foi cedida pola Casa de Galicia e que se atopaba nun excelente estado de conservación, cousa que permitiu a dixitalización do material que agora presentamos.