Logo Cadernos Ramón Piñeiro (IV)
Cadernos Ramón Piñeiro (IV)

José Angel García López (Edición)

(2004)

84-453-3790-4

Prezo: 7 €

Páxinas: 96

Formato: 17 x 24 cm.

Imprime: Gráficas ATV

Descargar (525 KB)

No presente ensaio Ideas sobre a lingua galega na obra de Manuel Murguía de José Ángel García López, lévase a cabo un estudo das consideracións teóricas de Manuel Murguía (Froxel-Oseira, Arteixo, 1833 – A Coruña, 1923) sobre a nosa lingua mediante a aproximación ós presupostos que este intelectual exhibe nas súas obras. Ofrece en primeiro lugar unha breve cronoloxía do movemento coñecido como Rexurdimento, dentro do cal ocupa un lugar sobranceiro a obra do Patriarca. A seguir, entra propiamente no estudo da teoría da lingua galega nos textos de Murguía. Respecto deste particular, salienta a análise da argumentación a prol do galego exhibida polo autor en dúas vertentes: a sincrónica, por canto Murguía reúne nas súas teorías elementos de moi diversa procedencia, e a diacrónica, atendendo á evolución que as súas teorías experimentan co paso dos anos. Por outra banda, comenta a transcendencia que Murguía outorgaba á lingua como factor de cohesión en relación cos alicerces da súa argumentación sobre o feito diferencial galego. Así mesmo, revisa a importancia do substrato céltico no seu discurso sobre a configuración do idioma.