Luís Alonso Girgado (Introdución); María Cuquejo Enríquez (Edición)
(2005)
84-453-4102-2
Prezo: 11 €
Páxinas: 258
Formato: 20 x 28 cm.
Imprime: Grafisant, S.L.
Descargar (10 MB)Coa cabeceira “Centro Gallego” ou con esta de “Galicia” tivo a súa publicación voceira o Centro Galego de Montevideo. Constantino Sánchez Mosquera e Xulio Sigüenza, que ocupaban cargos de alta responsabilidade no Centro, dirixiron e orientaron “Galicia” nos anos vinte e, por conseguinte, tamén este número extraordinario, o nº 151, que agora recuperamos en edición facsimilar. Un amplo e plural encadramento da publicación na que Castelao encabeza unha tamén extraordinaria listaxe de colaboradores (Risco, Otero Pedrayo, Cabanillas, Blanco Amor, Correa Calderón, Paz Andrade, Eladio Rodríguez González, Valle-Inclán, etc), deseña as coordenadas da mesma co engadido dos índices e informacións sobre a prensa galega de Uruguai. Un abondoso material fotográfico e un percorrido literario, cultural, artístico, histórico e xeográfico por Galicia son tamén dimensións de interese neste número da revista agora en edición facsimilar, onde se dan cita figuras de primeira liña das nosas letras.