Blanca-Ana Roig Rechou (Director); Blanca-Ana Roig Rechou (Coordinador); Isabel Mociño González, Alicia Munín Munín (Bolseiro); Rafael Adán Rodríguez, María Jesús Agra Pardiñas, Eulalia Agrelo Costas, Ana Belén Cao Migues, Manuel Corbacho Pérez, Paulo Filgueira Fachal, Xosé Francisco Godón Davila, Marta González Louzao, Déborah González Martínez (L. medieval), Rosalía Grandal Montero, Adelina Guisande Couñago , Montserrat López Fariña, Natalia Mirón Domínguez, Isabel Mociño González, Alicia Munín Munín, Marta Neira Rodríguez, Alexandre Gaiferos Parrado Freire (L. medieval), Amparo Raviña Rosende, Blanca-Ana Roig Rechou, Antonio Reyes Sánchez-Crespo, Ursicino Seco García, Mª Isabel Soto López, Eva Tizón Zas, Susana Mª Vázquez Recarey, Rafael Xaneiro Caramés (Redactor)
(2005)
84-453-3940-0
Prezo: 12 €
Páxinas:
Formato:
Imprime:
Novena entrega do Informe de literatura correspondente ao ano 2003, un observatorio da Literatura galega que se publica dende 1995, e que agora, como vén ocorrendo dende o ano 2000, se presenta en CD-ROM cunha aplicación informática que ofrece a posibilidade de acceder a toda a información en formato word, en PDF ou instalar unha aplicación de busca e consulta sobre a base de datos do Informe. Calquera interesado en consultalo, poderá facelo tamén a través da páxina web (www.cirp.es), no apartado denominado “Recursos en liña”. A estructura, coma nas edicións anteriores, está conformada polos apartados: Narrativa, Poesía, Teatro, Día das Letras Galegas, Ensaio. Teoría Xeral. Crítica. Biografías. Crónicas, Clásicos greco-latinos, Literatura infantil e xuvenil, Literatura de transmisión oral, Revistas, Premios, Literatura medieval, Folletos de novidades editoriais e Páxina web. Neles descríbese a produción anual de Literatura e sobre Literatura, a súa recepción, dáse noticias de premios, postas en escena e do labor das institucións que acollen a Literatura galega.