Luís Alonso Girgado (Director do proxecto); María Cuquejo Enríquez e Luís Alonso Girgado (Edición)
(2006)
84-453-4202-9
Prezo: 7,5 €
Páxinas: 28 máis as do facsímile
Formato: 19.5 x 27.5 cm.
Imprime: Grafinova, S. A.
Descargar (12 MB)Os anos da II República española foron propicios ás iniciativas culturais e a novos proxectos xornalísticos nos que literatura, artes plásticas e actividade crítica tiveron papel protagónico. Un papel que, no bienio 1932-33, asumiron os mozos universitarios da Universidade de Santiago nas páxinas do seu voceiro Universitarios (Revista da F. U. E.), que foi plataforma da súa visión do mundo universitario de Galicia, da realidade docente e da vida política daquel intre. Don Francisco F. del Riego levou da súa man a revista, ilustrada por Luís Seoane, que contou con achegas dun grupo de mozos universitarios e de profesores: F. Bouza Brey, Carballo Calero, Antonio Fraguas, Cunqueiro, Otero Espasandín, A. Rodríguez Cadarso, Ricardo Montequi, Carlos Maside ou Feliciano Rolán eran algúns deles. Publicación que proxecta a vida universitaria á Galicia daqueles anos, Universitarios reaparece agora cos requisitos dunha edición que sitúa a revista na prensa galega da época e formula unha detallada caracterización de temas, lingua, colaboradores e outras claves definitorias destas páxinas intelectuais, creativas, renovadoras.