José Augusto Ventín Durán; Xesús Ferro Ruibal (Director)
(2007)
1888-3001 (Cadernos de Fraseoloxía Galega. Anexos), 1698-787X (Biblioteca fraseolóxica do Centro Ramón Piñeiro)
Prezo: 8 €
Páxinas: 469
Formato: 17 x 24 cm.
Imprime: Grafinova, S.A.
Descargar (17,1 MB)Este Anexo 1, 2007 de Cadernos de Fraseoloxía Galega é unha monografía que rescata o arquivo fraseolóxico e etnográfi co de José Augusto Ventín Durán (Moscoso 1884-1942), e inclúe unha colección de 2.618 refráns clasifi cados por temas (máis 74 refráns sobre Galicia e os galegos; 15 refráns espigados a eito na Celestina); 314 ditos e locucións; 173 pragas e outras fórmulas; varios alcumes xenofóbicos, topofóbicos e doutros tipos; 697 cantigas; 2 romances; 1 canto de xaneiras; o inicio dun estudo das afi nidades entre o cantigueiro galego e o portugués e tamén o castelán; varias cantigas galego-fóbicas; 72 contos populares e 3 adiviñas. Remata con oracións populares, anotacións varias e bibliografía sobre a literatura galega. O resultado é unha edición crítica de 470 páxinas, ás que hai que engadi-las 66 páxinas do prólogo no que o equipo de edición formado por Xesús Ferro Ruibal, Raquel Rial Santos, Emma Mª Salgueiro Veiga e Ana Vidal Castiñeira estudan os manuscritos nos seus detalles, problemas e riqueza. A obra tamén inclúe unha nota biográfi ca feita por José Augusto Ventín Pereira, neto do autor.