Luís Alonso Girgado, Élida Abal Santorum, Alexandra Cillero Prieto (Edición)
(2008)
978-84-453-4716-4
Prezo: 6 €
Páxinas:
Formato: CD
Imprime: Copy Belén
Descargar (283 MB)Co título de Prensa Galega de Arxentina (1935-1964) reunimos, en formato CD, mostras de números “únicos ou extraordinarios” dun total de cinco cabeceiras de prensa: Coro Brétemas e Raiolas (de carácter e temática musical), e outras de asunto cultural e información societaria, marcadas estas pola pegada de Castelao (Abrente e Betanzos particularmente) e aínda da súa dona Virxinia (en Unión Estradense). Un número conmemorativo de Airiños completa este singular e pouco coñecido conxunto hemerográfico cuxas mostras van precedidas de breves notas de estudo, fichas técnicas e índices. Trátase dunha nova e singular contribución ao fecundo terreo da nosa prensa emigrante.