Logo Máis aló da nación unificadora: en defensa do federalismo multinacional.
Máis aló da nación unificadora: en defensa do federalismo multinacional.

Alain Gagnon

(2009)

978-84-453-4810-9

Prezo: 8 €

Páxinas: 216

Formato: Libro 17x24 cm

Imprime: Grafisant, S.L.

Descargar (6 MB)

Esta obra presenta o federalismo plurinacional como unha perspectiva prometedora para países caracterizados pola diversidade cultural. A análise estuda os casos de Quebec no Canadá e de Cataluña en España como base empírica para unha proposta normativa e institucional. Aos vellos problemas do recoñecemento do autogoberno e da propia cultura, engádense novos desafíos como a emigración e a globalización que reforzan a necesidade dun horizonte pluralista e liberal, respectuoso coas diversas tradicións, linguas e culturas internas. A obra postúlase coma unha invitación ao respecto, á tolerancia, a unha democracia complexa xusta e á establidade dos estados democráticos avanzados.