Jaime Gómez Márquez, Ana Viñas Díaz e Manuel González González (Coordinador da edición)
(2010)
84-453-4973-1
Prezo: 8 €
Páxinas: 220
Formato: Libro 24x17 cm
Imprime: Galigraf
Descargar (11 MB)É unha obra de carácter interdisciplinar, realizada por profesores da Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago e por terminólogos do Servizo Galego de Terminoloxía Científico-Técnica (TERMIGAL). Contén os termos máis frecuentes do ámbito da Bioquímica, Bioloxía molecular, Bioloxía celular, Zooloxía, Botánica, Fisioloxía, Xenética, Microbioloxía, Ecoloxía e Medio. Para cada termo ofrécese a denominación en galego, cos equivalentes en castelán e en inglés, a súa categoría gramátical, a definición conceptual, e notas explicativas que pretenden enriquecer o contido da definición con datos que resultan salientables. O dicionario vai seguido duns índices: o primeiro deles das formas inglesas, e o segundo das formas españolas. En ambos os casos para cada termo inglés ou español remítese para o artigo correspondente do dicionario en que aparece tratado. É unha obra que foi pensada como un instrumento útil e necesario para os estudantes, profesores e investigadores relacionados co ámbito da bioloxía.