Varios; Xesús Ferro Ruibal (Director)
(2010)
ISSN: 1698-7861
Prezo: 9,5 €
Páxinas: 473
Formato: 24x17 cm
Imprime: Galigraf
Descargar (5,7 MB)Neste número de Cadernos de Fraseoloxía Galega 12,2010 ofrécense doce ESTUDOS sobre a fraseoloxía do húngaro, do esperanto; un aspecto da fraseoloxía vasca; a historia da fraseoloxía (Bréal e Bally), a fraseografía (información pragmática), a utilización na publicidade, nos escritos académicos; a tradución e a didáctica. Da fraseoloxía galega estúdase a manipulación na utilización xornalística e o corpus fraseolóxico referido a dentes e moas e tamén a peixes e animais mariños. O traballo de campo de fraseoloxía galega ofrece tres RECADÁDIVAS, unha feita en Carballedo, outra de toda Galicia limitada a locucións verbais e outra temática (o gando equino). Cinco RECENSIÓNS analizan os libros de Baránov e Dobrovol’skij , de Dobrovol’skij e Piirainen, de Río Corbacho, de González Radío, as actas dun Congreso de fraseoloxía contrastiva español-alemán, e un libro de Antón Cortizas. A sección de NOVAS ofrece a referencia completa do máis relevante no eido da fraseoloxía producido no último ano en todo o mundo. Neste número están representados o Centro Ramón Piñeiro, a Universidade de Santiago de Compostela, a Escola Oficial de Idiomas de Vigo, o IES Sánchez Cantón de Pontevedra; tamén as Universidades Alcalá de Henares, Oviedo, Salamanca; a Euskal Herriko Unibertsitatea/Universidad del País Vasco; a ELTE de Budapest, a Nyugat Egyetem de Hungría, a Helsingin Yliopisto (Helsinki) e o Geisteswissenschaftliches Zentrum (Universität Leipzig).
Panorama da fraseoloxía húngara
BALÁZS, Géza
Michel Bréal e Charles Bally, dous precursores da fraseoloxía moderna
BÁRDOSI, Vilmos
A manipulación das expresións fixas nos titulares da prensa gratuíta: De luns a venres
CAJARAVILLE ARAÚJO, Héctor
Dentes e moas na fraseoloxía galega
FERRO RUIBAL, Xesús
FIEDLER, Sabine
IÑESTA MENA, Eva Mª
Fraseoloxía galega de peixes e outros animais mariños
MARTÍNEZ BLANCO, Xulián; VEIGA ALONSO, Serxio
Conectores, gramaticalización e polaridade: o caso de ere 'tamén' na lingua vasca
ODRIOZOLA PEREIRA, Juan Carlos; ONDARRA ARTIEDA, Ainara
Unidades fraseolóxicas especializadas e tradución
PASTOR LARA, Alejandro
Información superflua da orixe pragmática na definición lexicográfica das locucións verbais
PENADÉS MARTÍNEZ, Inmaculada
O emprego da fraseoloxía como recurso específico na publicidade
RECIO ARIZA, Mª Ángeles
Unidades fraseolóxicas na sección de agradecementos dos escritos académicos
SANROMÁN VILAS, Begoña
Símbolos nos fraseoloxismos con nomes de animais en alemán e español
SILVA LÓPEZ, Martina
Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar, Carballedo, Lugo)
GONZÁLEZ GUERRA, Anxo
“A cabalo regalado non se lle mira o dente”. Compilación da fraseoloxía equina galega actual
GROBA BOUZA, Fernando
MARTÍNS SEIXO, Manuel Anxo
Varios Autores
Varios Autores