Luís Alonso Girgado, Élida Abal Santorum e Alexandra Cillero Prieto (Edición)
(2010)
84-453-4891-8
Prezo: 8,69 €
Páxinas: 261
Formato: 24x17 cm
Imprime: Tórculo
Descargar (70 MB)Este espistolario lugués que aquí se presenta está constituído por máis dun cento de cartas dirixidas case todas elas a Ramón Piñeiro por un grupo de amigos, intelectuais, profesores e escritores de orixe luguesa. Conxuntamente publicamos cartas do mesmo Piñeiro a Marina Mayoral e a Uxío Novoneyra, ao que o citado Piñeiro publicaría en 1955 Os Eidos, libro que revelou ao gran poeta do Courel. Os nomes de Celestino Fernández de la Vega, Xosé Mª Díaz Castro, Carlos Peregrín Otero ou Álvaro Cunqueiro confiren a estas páxinas epistolares (íntimas, galeguistas, achegadas ao labor de Galaxia e da súa voceira Grial) interese de seu: alto e vivo interese.