Logo Cadernos Ramón Piñeiro (XXIII). Saiban cantos estas cartas viren... Álvaro Cunqueiro e Alberto Casal (1955-1961)
Cadernos Ramón Piñeiro (XXIII). Saiban cantos estas cartas viren... Álvaro Cunqueiro e Alberto Casal (1955-1961)

Xosé Luís Cochón Touriño (edición) César Cunqueiro (prólogo) e Lorena Domínguez Mallo (colaboración).

(2012)

978-84-453-5060-7

Prezo: 6,70 €

Páxinas: 195

Formato: 240x170 mm

Imprime: Grafisant, S.L.

Descargar (2 MB)

Terceira contribución do Centro Ramón Piñeiro ao estudo e edición de novos documentos, agora epistolares, que deben contribuír á homenaxe e ao mellor coñecemento da figura de don Álvaro. Un corpus de sesenta cartas aproximadamente é o núcleo destas páxinas que contan con textos de César Cunqueiro e Xosé Luís Cochón; unha fermosísima carta de Eduardo Blanco-Amor e, finalmente tres pouco coñecidos contos do mesmo Cunqueiro. O conxunto variado e novidoso, ofrece, pois, unha valiosa indagación en aspectos da vida e obra do noso universal escritor.