Logo Cadernos de Fraseoloxía Galega 15, 2013
Cadernos de Fraseoloxía Galega 15, 2013

Varios; Xesús Ferro Ruibal (Director)

(2014)

ISSN: 1698-7861

Prezo: 9,50 €

Páxinas: 616

Formato: 17 x 24 cm.

Imprime: Segaoff

Descargar (11 MB)

O número 15, 2013 de Cadernos de Fraseoloxía Galega (616 páxs) contén 15 traballos que abordan diversos aspectos fraseolóxicos (históricos, semánticos, diatópicos, haxiocronolóxicos, didácticos) de 18 linguas: galego, portugués, asturiano, aragonés, español, catalán, francés, italiano, véneto, romanés, vasco, bretón, gaélico, inglés, alemán, grego, polaco, ruso, finés e húngaro. Inclúe tamén un pequeno dicionario fraseolóxico galego-catalán catalán-galego. Saen á luz tres recentes recadádivas de fraseoloxía viva, dúas do sur de Galicia e outra temática (comida e bebida). Faise recensión crítica de 10 obras da especialidade (entre elas tres novos dicionarios fraseolóxicos), e dáse conta da aparición de 89 libros ou artigos publicados no último ano; ademais de conferencias, congresos, simposios ou talleres de fraseoloxía que tiveron lugar no ano 2013 ou que se anuncian para o 2014. Con este número xa publicaron nesta revista 155 investigadores de 22 países.

Contidos