Logo Eloy Luís André. Poesía galega.
Eloy Luís André. Poesía galega.

César Camoira Vega (edición, estudo e notas).

(2014)

978-84-453-5131-4

Prezo: 8 €

Páxinas: 257

Formato: libro 21x14 cm.

Imprime: Grafisant, SL

Descargar (2 MB)

O Centro Ramón Piñeiro ten xa publicado máis dun título da extensa e polifacética obra do filósofo ourensán Eloy Luís André, europeísta e rexeneracionista. Escritor en castelán, deixou porén os seus escritos máis intimistas, os seus versos, en lingua galega. Eses textos poéticos son os que, adecuadamente preparados e anotados por César Camoira, conforman esta entrega poética da Colección Láncara, que revela así a un poeta en lingua galega, ata agora descoñecido, no que é unha edición póstuma.