Déborah González (ed.)
(2020)
DOI: https://doi.org/10.52740/argamed.20.02.00047
e-ISSN: 2695-3951
Soporte: Publicación electrónica en liña
Prezo: de balde
Páxinas: 242
Formato: 210x297 mm
Descargar (7 MB)A monografía reúne unha serie de capítulos a cargo de especialistas consagrados nos estudos medievais, con dedicación á lírica trobadoresca, dando prioridade aos enfoques lingüístico, sociolingüístico e pragmático. Entre as páxinas do volume, o lector poderá encontrar traballos con dedicación a diferentes cuestións lingüísticas. Ademais, convídase ao lector a reflexionar sobre a formación da tradición manuscrita galego-portuguesa, a partir do recoñecemento de estratos (scripto)lingüísticos diferentes. Tamén se reflexiona sobre a circulación dunha antoloxía de cantigas medievais en época posterior ao movemento trobadoresco, a partir do exame da localización e autoría das composicións “espurias”, de incorporación máis recente. Coa finalidade de ofrecer unha nova hipótese sobre a identidade do autor, tamén se atende a algún problema grave de atribución, entre os aínda persistentes no cancioneiro galego-portugués. Tamén se proporciona unha amplia aproximación á produción trobadoresca galego-portuguesa desde unha perspectiva sociolingüística. Así mesmo, lévase a cabo unha avaliación de usos e expresións concretas en relación co xénero lírico, así como do uso do galego nunha das máis célebres composicións plurilingües do período trobadoresco.
González, Déborah
[ORCID]
Arias Freixedo, Xosé Bieito
[ORCID]
Brea, Mercedes
[ORCID]
Inovações expressivas no cancioneiro de amigo do trovador Joam Soares Coelho
Correia, Ângela
[ORCID]
Lee, Charmaine
Per un approccio sociolinguistico alle letterature medievali: appunti preliminari sui trobadores
Marcenaro, Simone
[ORCID]
Para a análise grafemática da *Recompilación tardía (*Livro das cantigas)
Monteagudo, Henrique
[ORCID]
Cancioneiros e textos imprevisíveis
Ramos, Maria Ana
[ORCID]
La cantiga Pois non ei de dona Elvira: una propuesta de autoría
Vallín, Gema
[ORCID]