Logo Cadernos de Fraseoloxía Galega 21
Cadernos de Fraseoloxía Galega 21

Varios; Mª Isabel González Rey (Directora)

(2021)

DOI: https://doi.org/10.52740/cfg.21.21.00001

e-ISSN: 2605-4507

Soporte: Publicación electrónica en liña

Prezo: de balde

Páxinas: 317

Formato: 240x170 mm

Maquetación: Grafisant, S.L.

Descargar (13 MB)

Cadernos de Fraseoloxía Galega, revista científica do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades dedicada á promoción dos estudos fraseolóxicos en Galicia, estrea o seu número 21, adicado a Maria Aparecida Barbosa (Universidade de São Paulo). Este volume está composto por cinco artigos destinados a honrar a súa memoria e nos que se tratan cuestións como a contribución de Barbosa ao eido da fraseografía, a relación entre fraseoloxía e cultura, a Lingüística de Corpus, as escollas colocacionais dos estudantes de tradución ou os métodos para incentivar a investigación en Fraseoloxía. Tamén se inclúen unha escolma da fraseoloxía do Cantigueiro de Cotobade de Antonio Fraguas, cinco recensións de obras relevantes do eido e as novidades bibliográficas máis destacadas de 2019.

Contidos